Xente do revés

Unhas 29.000 persoas en todo o mundo teñen os seus órganos en posición inversa a normal
17 Novembro 2013
Radiografía dextrocardia

Por norma xeral, as persoas teñen o corazón na parte media do tórax, cunha pequena inclinación cara á esquerda. Sen embargo, isto non sempre é así. Unha pequena parte da poboación teno situado na metade dereita do tórax por causas xenéticas. Esta situación é coñecida como Dextrocardia.

Esta anomalía prodúcese durante a cuarta semana do desenvolvemento embrionario, cando o tubo cardíaco se dobra cara á dereita en vez de dobrarse cara á esquerda, como sería habitual.

A Dextrocardia adoita vir acompañada doutra anomalía chamada situs inversus,que consiste en que todos os órganos impares se atopen no lado contrario ao que deberían estar. Esta malformación xenética ten un carácter hereditario.

Esta anomalía pode supor un risco para aquelas persoas que a sofren, posto que moitas veces ven acompañada de malformacións cardíacas. Tamén presenta un problema en canto á aparición de síntomas dalgunhas enfermidades, como por exemplo a apendicite, que ao contrario do resto da poboación, nestas persoas a dor presentaráselles no lado esquerdo en vez de no dereito. Ocorre o mesmo no caso de infarto, que por regra xeral a dor iníciase no brazo dereito e non no esquerdo.

Esta malformación xenética só a sofren unhas 29000 persoas en todo o mundo e non é demasiado coñecida. Isto quere dicir que en cada 100000 persoas, 12 ou 13 padecen situs inversus. Igual temos algún veciño que a padece e todo, quen sabe!

See video