Xaneiro 2012

3 Febreiro 2012
xaneiro

Xaneiro é o primeiro mes do ano e ten 31 días. O seu nome ven do latín ianuarius, polo deus Jano (en latín Janus), representado con dúas caras, o deus das portas (entrada e saída) ou do comezo e o final.

Xeralmente é un mes frío e chuvioso, aínda que este ano foi seco (só choveu oito días) e non fixo moito frío ata os últimos días que chegou aire polar procedente do norte.

Florecen os eucaliptos, as mimosas, as amieiras, os chuchameles, as camelias ... Empezan a formar parellas algunhas aves (parrulos, corvos, merlos, pardales...) e os gatos andan ás “xaneiras”.

O Bao segue cheo de aves invernantes

Algúns refráns:

-Cando as rans cantan no xaneiro, sinal de fame en todo o eido

-Xaneiro alleiro

-No mes de xaneiro sube ao outeiro, se ves verdear ponte a chorar, se ves estercar ponte a cantar.

-Quen labra no xaneiro labra para o ano enteiro.

-O vinteún de xaneiro tén unha hora por enteiro.