Xa somos 7.000 millóns de habitantes no mundo
O
31 de outubro conseguimos ser 7.000 millóns, uns cantos menos, pero moitos máis. Cada segundo prodúcense catro nacementos e dúas mortes en todo o mundo.
A pesares da pouca sanidade pública, a limitación da auga potable e ata catástrofes naturais, medramos moi rápido. Certos paíse como China, A India e parte de África teñen unha taxa de partos acelerados, mentres que en Europa e outros países teñen unha taxa de partos negativa.
Os países máis pobres producen máis seres humanos. Algúns científicos dan a alarma de que este crecemento tan rápido pon en perigo os recurso naturais, a alimentación e o planeta en xeral.
A concentración de poboación nas cidades, en vez de no campo, está creando presións enormes nos gobernos, que obrigan a construír máis hospitais, escolas, medios de transporte... que empeoran a atmosfera.
Algúns países, como China limitan os partos (só un fillo por familia). Outros fan campaña para limitar a natalidade con distintos métodos. E os científicos buscan a maneira de producir máis alimentos e de ter acceso á auga.
Algúns datos:
-A poboación mundial medra a un ritmo de 227.000 persoas ao día, 80 millóns ao ano.
-Nos últimos 12 anos a poboación mundial incrementouse en mil millóns de persoas.
-O 97% do crecemento da poboación prodúcese en países en vías de desenvolvemento (a metade no continente africano).
-Creese que para o ano 2.100 seremos 15.000 millóns.
-Un 60% da poboación mundial reside en Asia e un 15% en África.
-O país máis poboado do mundo é China, con 1.400 millóns de habitantes.
-Hai máis persoas maiores que nunca, un 13 %, 893 millóns de persoas de máis de 60 anos.
-O 43% da poboación mundial ten menos de 25 anos.
-Un 13% da poboación mundial non ten acceso á auga potable.
-Só un 5% dos habitantes do mundo consomen a cuarta parte da enerxía.
-Poboación de Galicia: 2,79 millóns de habitantes (0,042% da poboación mundial).