Watson e Crick, descobridores da estrutura do ADN

O próximo mes cúmplense 60 anos dun dos máis importantes avances científicos
12 Xaneiro 2013
Watson & Crick

O 28 de febreiro de 1953, despois de múltiples investigacións e reflexións de equipos científicos de diferentes lugares do mundo acerca de cal sería a forma do ADN no núcleo da célula, e que permitiría duplicarse e transferir a súa información, James Watson e Francis Crick chegaron a unha conclusión asombrosa…o ADN ten forma de dobre hélice. 

Estes dous investigadores baseándose sobre todo en fotografías de difracción de raios X obtidas por Rosalind Franklin e Maurice Wilkins afirmaron que o ADN consiste nunca dobre hélice composta por dúas cadeas que xiran arredor dun eixo central, á súa vez estas cadeas están constituídas por unha alternancia de pentosas (desoxirribosa) e fosfatos, e lateralmente, unidas ás pentosas atópanse as bases nitroxenadas.

Estrutura ADN

En 1962 Watson e Crick ganan o premio Nobel de Medicina e Fisioloxía polos seus descubrimentos acerca da estructura molecular dos ácidos nucleicos.

Este descubrimento foi o punto de partida do estudio do xenoma. Desde esa data ata a actualidade os avances no que a xenética se refire foron xigantescos:  clonación de animais, probas de paternidade, identificación forense, diagnóstico de enfermidades, melloramento de las características de diversos vexetais…

Pero aínda que a investigación sobre o ADN teña unha maior aplicación sobre o ámbito médico e biolóxico, tamén se pode aplicar a outros campos da investigación como son a bioinformática ou a nanotecnoloxía do ADN.