A voltas coa auga

28 Outubro 2013
pinga

A auga é un líquido inodoro é insípido. Desde o punto de vista químico, reside en case a totalidade dos procesos químicos que ocorren na natureza, non só en organismos vivos, senón tamén na superficie da terra.

Normalmente dise que a agua é o disolvente universal, posto que todas as substancias son de algunha maneira solubles nela.

A auga hai millóns de anos que se atopa na Terra. A súa aparición foi grazas a que durante a formación da Terra os volcáns estaban continuamente en erupción entón expulsaban gases e entre eles vapor de auga. Cando contiña a atmosfera grandes cantidades de vapor de auga déronse as condicións necesarias para condensarse e chover durante moitos anos.

Ela foi a que provocou que puidese haber  vida  neste planeta.

Desde os comenzos da humanidade os pobos sempre  se asentaron nas beiras de ríos e lagos. A agua doce foi históricamente o factor que condicionou e condiciona as actividades humanas, e  seguirao sendo, pois é insustituible.

En toda a historia da humanidade, a maior parte dos asentamentos ubicaronse en zonas xeográficas con abundancia de agua. Os ríos eran beneficiosos xa que proporcionaban agua para rego  e servían como vías de comunicación, aínda que cando medraban tamén podían provocar grandes catástrofes.