A vivenda bioclimática

10 Febreiro 2011
Sotavento-1-11-2

Unha das cousas que máis me gustou da visita ao Parque Eólico de Sotavento foi a casa bioclimática na que se pode ver a maneira de construír unha casa sacando o maior partido posible das condicións do ambiente onde está instalada e a aplicación de todas as formas de enerxía renovables.

A casa está construída con materiais da zona para aforrar no transporte e están pouco traballados, para aforrar enerxía.

A madeira procede de talas controladas onde se garante que por cada árbore que se corta se plantan varias. A fachada está orientada ao sur, por onde da o sol máis tempo e ten unhas placas que permiten o paso do sol no inverno e dan sombra no verán. Ademáis hai un estanque no que a auga recolle a reflexión do sol. A parte de atrás, que da ao norte, está protexida pola elevación do terreo e ten poucos ocos para protexer a casa do frío.

Os muros teñen un sistema de circulación de aire. Ábrese un oco na parte de abaixo por onde entra o aire frío e outro na parte de arriba por onde sae a calor. Teñan varios sistemas de calefacción: placas solares, caldeiras de biomasa e xeotérmica e o sistema de radiadores está situado debaixo do chan.

A auga do baño (cadea da cisterna) é reciclada a partir da que se emprega para ducharse ou lavarse e desa forma afórranse 9 litros de cada vez. No tellado teñen placas fotovoltaicas orientadas ao sur, leste e oeste coas que producen enerxía eléctrica e no exterior un aeroxerador.

As persianas teñen un sistema automático que se adapta segundo a luz e calor precisos. Todos os electrodomésticos son de eficiencia enerxética.

Sotavento-1-11-3

http://www.sotaventogalicia.com