Vitaminas ximnastas

30 Decembro 2012
B12

A vitamina comunmente coñecida como vitamina B12, ten unhas propiedades que a diferencian das demáis vitaminas en canto entra en contacto co noso organismo. Esta vitamina ten unha gran importancia, xa que limpia o dióxido de carbono entre outras funcións.

As imaxes tomadas no último estudo realizado pola Universidade de Michigan, revelan que esta vitamina e as moléculas asociadas a ela, xiran e se contorsionan (primeiro para activarse e logo para protexerse) como parte dunha reacción denominada transferencia metílica. Esta reacción é moi importante para a vitalidade das células do corpo humano, o cal sorprende ós expertos debido á complexidade deste proceso dividido en diferentes fases.

Estes descubrimentos suporían un gran avance no campo da medicina, xa que a presenza desta vitamina evita a aparición de enfermidades cardíacas e reduce o número de defectos de nacemento. A vitamina B12 tamén é útil no campo dos biocombustibles e como fonte de enerxía alternativa, xa que tamén pode absorber o dióxido de carbono da atmosfera o que permitiría reducir o cambio climático, mediante o proceso máis complexo coñecido como Wood-Ljungdahl