Visita a Sotavento

14 Decembro 2012
Sotavento

Sotavento é un parque eólico que ten tamén instalacións de enerxía solar, unha planta de produción de hidróxeno, unha casa bioclimática e un museo sobre as enerxías renovables

No recinto había pezas de decoración que funcionaban con enerxía solar.

Na sala de control están os ordenadores que controlan os mecanismos dos aeroxeradores que producen enerxía eléctrica. Había tamén unha góndola que estaba aberta e víase o xerador de corrente..

Na vivenda bioclimática explicaronnos que unha galería serve para manter o calor da casa, tiña un muro que por fora era vidro e por dentro de madeira, chamado muro trombe. A casa está orientada cara ao sur e está programada para baixar as persianas cando da moito sol. Toda a instalación da auga depende dun alxibe que a recolle cando chove. Ten  calefacción que funciona con enerxía isotérmica, situada no chan, porque así a calor vai por toda a casa. Ten unha cociña que funcion con enerxía da biomasa.

Xantamos ao aire libre a carón dos paneis solares térmicos, que serven para a enerxía calorífica, e os paneis fotovoltaicos, que son os que transforma a enerxía luminosa do so en corriente eléctrica.

See video