Visita a Santiago de Compostela

4 Maio 2011
catedral Santiago

O día 4 de abril fixemos unha saída didáctica a Santiago de Compostela os alumnos de 2º de bacharelato. Os de ciencias pola mañan fomos ao museo da facultade de química, mentres que os de economía e humanidades a catedral. 

A visita resultou ser máis entretida do que todos nos esperabamos.

O Museo de Historia Natural "Luis Iglesias" da Universidade de Santiago de Compostela localízase nos baixos da Facultade de Química, na Avenida das Ciencias do Campus Sur. O seu nome débese ao catedrático de Bioloxía Xeral da Facultade de Ciencias Naturais da universidade, gran animador do museo e director desde 1932: Luis Iglesias.

Ten as suas orixes no Gabinete de Historia Natural nado en 1840 gracias a Antonio Casares.

Consérvanse moitas das coleccións do siglo XIX, que se foron ampliando co paso do tempo; tanto de botánica, como de zooloxía, de xeoloxía,…

A disecación de animais comezouse a facer debido a que antigamente os estudantes non podían saber como eran as especies exóticas doutras partes do mundo.

Despois da visita demos un paseo pola alameda de enfrente da facultade mirando a variedade de árbores que alí podemos apreciar: teixos, magnolios de folla perenne e caduca,…

De seguido subimos aos tellados da catedral e xa pola tarde fomos a meteogalicia.

MUSEO LUÍS IGLESIAS: