Visita ao Parque Experimental de Sotavento

6 Decembro 2014

O 5 de novembro os alumnos de 2º ESO B e C cumpriron con que xa ven sendo unha cita ineludible do IES Asorey, a visita ao Parque Eólico Experimental de Sotavento no concello de Xermade, provincia de Lugo. Como en anos anteriores, fomos recibidos e moi ben atendidos polo persoal deste parque, que é moito máis que unha central de produción de enerxía eléctrica, senón que funciona como unha aula divulgativa das vantaxes das fontes de enerxía renovables e de promoción de condutas sostibles e respetuosas co medio, tan necesarias para fomentar na cidadanía un consumo enerxético responsable. A seguiente presentación relata como foi a visita e que se pode ver en Sotavento.