Visita ao Parque Eólico Experimental de Sotavento
O luns 24 de xaneiro fixemos unha visita ao Parque Eólico Experimental de Sotavento, situado na Serra da Loba nos lindes entre Lugo (Xermade) e A Coruña (Monfero).
A primeira vista, desde fóra, viamos un lugar novo cos xeradores eólicos. Cando entramos fumos a unha sala onde nos dixeron o que iamos facer e nos falaron sobre as cousas básicas da enerxía: enerxías renovables, tipos... Logo fumos a unha vivenda bioclimática que dispoñía de todo tipo de aparellos non contaminantes e de ideas para poder ter unha casa sen malgastar enerxía e sen danar a natureza, e moito mellor para a nosa saúde. Despois fumos a ver aparellos de aforro enerxético, comparamos as lámpadas estandar coas de baixo consumo, as fluorescentes e as led; vimos como a partir do pedaleo dunha bicicleta se podía sacar enerxía e o que se podía acender con ela e explicárono o que hai que facer para aforrar enerxía cos aparellos da casa. E por último visitamos a sá de control, un lugar cheo de ordenadores desde os que manexaban os aeroxeradores, ensináronnos maquetas dos distintos tipos e explicáronnos como son as máquinas por dentro nunha sá onde había góndolas desmontadas. Pola tarde xogamos a unha especie de trivial da enerxía no que rimos moito e aprendemos máis sobre o que nos explicaron.
Actividades divulgativas do Parque Eólico Sotavento
Edificio-museo:
Exposicións: Enerxías renovables, aparellos de aforro enerxético, maquetas, mecanismo que funcionan con enerxía solar ou eólica, rochas galegas...
Sá de control do parque
Maquetas e mecanismos dos aeroxeradores
Exterior:
14 aeroxeradores de distintas tecnoloxías
Instalacións solares: fotovoltaica e calorífica
Planta de obtención de hidróxeno
Vivenda bioclimática
Tarabelas
Mangas de vento
Bucios
Montaxes artísticas con pezas da central térmica das Pontes
Exposición “O Quixote e o vento”
No recinto consérvanse varias mámoas sen excavar