Visita ao Acuario da Coruña

4 Febreiro 2014
acuario-A Coruña

O día 27 de xaneiro os/as alumnos/as do I.E.S. Francisco Asorey fixemos unha saída didáctica á Coruña, ao Acuario ou “Casa dos Peixes”.

Comezamos a visita cunha pequena charla na que nos separamos en dous grupos, uns foron a un obradoiro  e outros visitamos  a sala Nautilus.

No obradoiro explicáronnos os tipos de pel, dentes, o tamaño e o modo de reproducirse dos tiburóns da costa galega. Nese obradoiro participamos tocando os distintos tipos de pel e dentes e tamén puidemos ver como se movían os fetos dun tiburón dentro dun ovo.

Os que visitamos a sala Nautilus, puidemos observar diferentes clases de tiburóns, raias e os diferentes tipos de invertebrados mariños que alí había.

Logo de ver todo iso fomos comer ao centro comercial “Los Cantones”.