A vide

31 Outubro 2013
albariño

A vide é unha planta perenne, arbustiva, sarmentosa e trepadora que dá como froito a uva, coa que se fai o viño.

As vides, teñen unha parte enterrada, as raíces, e unha parte aérea, a cepa.

Xeralmente as viñas están nos lugares de zonas temperadas. Abondan nas zonas de clima mediterráneo. Soportan mal a humidade e precisan estar ben orientadas ao sol e aireadas.

A vide cultívase, sobre todo, para facer viño, pero serve para moitas cousas. O zume da uva (mosto), que é como o viño pero sen fermentar e non ten alcohol, emprégase como bebida e na industria alimentaria. A viña vermella é o mellor para os problemas circulatorios.  Tamén ten aplicacións en beleza: a savia da vide úsase para desinflamar os ollos; pero o que máis se utiliza é o seu froito; a polpa da uva, extendida sobre a cara en forma de máscara entre 20 e 30 minutos, é un bo recurso para eliminar as arrugas.

Na nosa comarca o cultivo da vide é unha actividade moi importante, especialmente as uvas albariñas, para facer o viño do mesmo nome.