A vida no mar

O mar en Cambados
7 Abril 2013
cerco

As actividades relacionadas co mar en Cambados ocupan a un importante sector da poboación, directamente (mariscadoras, armadores…) e indirectamente (talleres de motores…), pero foi hai uns anos cando o mar en Cambados tiña máis importancia.

O futuro non se ve moi esperanzador. Os recursos (fondos e especies mariñas) están sobreexplotados, a cantidade xa non é a mesma polo que moitas artes de pesca están a desaparecer.

O peixe non ten prezo e ós mariñeiros non lles sae moi rentable, xa que o prezo do gasóleo non deixa de subir ata que chegue un momento no que o mar non teña ningunha saída.

Tamén hai menos xente que traballe no mar polo que os únicos galegos que traballan agora nas artes de pesca son os de toda a vida, os mariñeiros de sempre, que traballan nesto desde pequenos.

Traballo realizado en 2006