Vida na outra Europa

A teoría de que existan xemeneias abisais no océano interior de Europa non está demostrada pero non é imposible, e no caso de qu
Orbitando ao planeta máis grande do noso sistema solar atopase un pequeno corpo celeste, máis pequeno ca Lúa, pero que está destacando coma tema principal na maioría das revistas e documentais de divulgación científica por unha razón: a posibilidade de que haxa vida.
A comunidade científica, e concretamente os centros de astrobioloxía de todo o mundo, levan anos estudando a vida na Terra coa intención de buscar paralelismos que fagan pensar que a vida extraterrestre sexa posible. En astrobioloxía non se busca vida demasiado complexa nin moito menos intelixente, diso encárganse os científicos do proxecto SETI; os astrobiólogos buscan seres vivos simples, como os que pertencen ós reinos monera e protista, é mais, gran parte dos esforzos astrobiolóxicos van destinados a buscar sustratos onde as condicións de habitabilidade sexan propicias para que a vida poida xurdir. En resume, a astrobioloxía céntrase en buscar auga. A auga é, na Terra, a condición básica para a vida, e precisamente por iso é que Europa atopase no centro de todas as miradas, xa que o satélite está recuberto dunha capa moi grosa de xeo, auga en estado sólido.
Pero o interesante non é que haxa xeo, o xeo non é un sustrato moi favorable para a vida tal e coma a coñecemos, o interesante son as fracturas existentes na superficie conxelada, e mais misteriosos son os “xeyseres” que xurden de ditas fendas.
A causa das fracturas na capa de xeo (capa duns 200 km) é a enorme forza de marea que inflúe Xúpiter. A forza de atracción que produce o xigante gasoso é inmensa en comparación coa que a Lúa fai sobre o noso planeta, e mentres que aquí os efectos son o aumento no nivel da hidrosfera, nos satélites de Xúpiter dita forza é completamente destrutiva. Así mesmo, os astrobiólogos especulan coa posibilidade que o incesante estiramento e afloxamento, manteña unha capa de auga en estado líquido baixo a carcasa de xeo de Europa. Se iso fose verdadeiro, o océano de auga líquida, sería un potencial recipiente onde a vida podería existir.
Entendendo que a vida é a capacidade que teñen os seres vivos para nutrirse, reproducirse e relacionarse nun medio, sen necesidade de intervención de axentes externos. Supoñendo que os científicos teñan razón e que haxa vida en Europa, parece difícil que un ecosistema poida existir so con auga, a luz non atravesa a capa de xeo en Europa. Pero falta por introducir unha variable moi importante na búsca de vida extraterrestre, dita variable consiste en que a vida pode que non sexa tal e coma a coñecemos na Terra, temos que asumir que poden existir formas de vidas moi extranas que non necesiten de auga. Poderían haber organismos baseados en outros elementos que non sexan o carbono, tamén poderían existir seres que vivan en condicións extremas: temperaturas por debaixo e por enriba dos 50ºC, sustratos anaeróbicos (sen osíxeno), sustratos anhídridos (sen auga) ou con pH moi baixo (ácido) ou moi alto (básico). Pois ben, precisamente o obxeto de estudo de moitos centros de astrobioloxía son as formas de vida que, aquí, na Terra, viven en condicións extremas, ditos seres son os denominados extremófilos. Un exemplo de extremófilo son as bacterias que habitan Río Tinto, en Huelva, este río está completamente contaminado por óxido de ferro e ácido sulfúrico e ata hai relativamente pouco tempo era un misterio.
A astrobioloxía é unha ciencia en desenvolvemento, e é por iso que esta é unha noticia de actualidade, porque o campo de investigación dos astrobiologos é amplísimo, de feito actualmente non existe ninguén co título de astrobiólogo, os expertos que traballan na materia son biólogos, químicos, xeólogos, especializados no tema.
O proxecto JUICE, está sendo plantexado actualmente nos despachos da ESA e consistirá no envío dunha sonda espacial que estudará Xúpiter e as súas Lúas, prestando unha atención especial a dúas delas, Ganímedes e Europa.