Vida inesperada

3 Decembro 2010
bacterias

Unha nova bacteria descuberta recentemente altera a definición de vida coñecida ata o de agora. Dita bacteria, descubriuse no Lago Mono en California, formado nunha rexión volcánica, e que presenta unha gran cantidade de minerais, entre os que se atopa o arsénico, principal sustento desta bacteria. 

A vida, tal e como coñecíamos ata o de agora, estaba composta por uns elementos básicos: carbono, hidróxeno, nitróxeno, osíxeno, xofre e fósforo, estes elementos forman, os ácidos nucleicos presentes no ADN, así como proteínas e lípidos. Pero esta inusual bacteria, nútrese de arsénico, que ademais está presente no seu ADN, elemento que é tóxico para o resto dos seres vivos.

Non existe unha razón pola que o resto dos elementos non poidan ser utilizados, pero ata o de agora non se encontraran formas de vida que utilizasen outros elementos na súa composición.

A distinta adaptación ao medio, fai posible a existencia de gran variedade de formas de vida, que se poden adaptar a lugares onde as condicións son extremas, nos que a maioria dos seres vivos non podría sobrevivir. Isto lévanos a afirmar que aínda queda moito por coñecer sobre a gran biodiversidade do noso planeta, da que só coñecemos unha pequena parte.