Victoria (Gasteiz), capital verde europea

4 Xaneiro 2012
Victoria

Hamburgo entregou a Vitoria Gasteiz o Libro Verde que certifica á cidade como Capital Verde Europea para o próximo ano. A designación recoñece e galardoa ás ciudades que están na  vangarda dunha vida urbana respetuosa co medio ambiente e que poden servir de modelo a outras ciudades. É a terceira cidade europea que recibe este título, despois de Estocolmo e Hamburgo. 

O seu alcalde, Patxi Lazcoz, sinalou na sede da ONU como se conseguiu, cales foron os cambios que levou a cabo a cidade que acadaron unha revolución verde, principalmente en materia de mobilidade. Se hai algo que sorprende en Vitoria é o enorme avance que se levou a cabo en poucos anos a favor da mobilidade sostible.

O que se fixo en Vitoria foi cambiar o seu sistema de transporte público, dende a orixe e o destino das líneas do percorrido, ata a frecuencia e a ubicación das paradas. Tívose en conta a experiencia no tema da cidade sueca de Malmoe. Ademais, e contando coa axuda do Goberno Vasco e da empresa Mercedes Benz, porase en marcha un proxecto pioneiro dun novo vehículo eléctrico público.

Vitoria non é só sostible pola mobilidade. Tamén quere desenvolver as enerxías renovables, tanto a eléctrica para os vehículos, como a xeotérmica e a biomasa para os edificios.

A cidade de Vitoria-Gasteiz, de orixe medieval, é a capital do territorio histórico de Álava. Nela vive o 76% da poboación e da provincia e están a marior parte das industrias e servizos. Ten 235.445 habitantes, e 64 aldeas das zonas rurais achegadas.

É unha das ciudades máis ecolóxicas de Europa. Dende hai 30 anos ten un forte compromiso coa sostibilidade. Ten máis de dez millóns de metros cadrados de parque e zonas verdes e o seu emblemático cinturón verde foi recoñecido internacionalmente.

A Comisión Europea destaca o urbanismo estratéxico riguroso, a participación cidadá e a xestión de medio ambiente como factores fundamentais para manter a armonía coa paisaxe natural. Propona como modelo ideal en Europa como cidade de mediano tamaño na que vive o 84% dos Europeos.

Os retos que se lle plantexan a Vitoria este ano 2012 no que será a capital verde Europea, son, entre outros, aumentar o uso de transporte público nun 10 %, baixar o nivel de gasto enerxético das instalacións municipais nun 5%, eliminar as bolsas de plástico e substituílas por outras de longo uso reciclabes ou biodegradables, desarrollar as hortas urbanas e reducir o consumo de auga nun 5%.

Victoria-1