As viaxes de James Cook

1 Marzo 2012
James Cook

O 14 de febreiro cumplíronse 232 anos da morte de James Cook, un navegante, explorador e cartógrafo británico que percorreu todo o mundo.

James Cook naceu en Yorksire (reino Unido) o 27 de outubro de 1728 e morreu en Hawai o 14 de febreiro de 1779. Os seus pais eran traballadores do campo e el realizou diversos traballos de mozo ata que embarcou como aprendiz dun navío mercante que transportaba carbón ao longo da costa inglesa.

Logo traballou noutros barcos mercantes polas costas de Terranova e despois alistouse na Armada Real Británica onde destacou polo seu traballo facendo mapas das costas de Terranova.

Realizou tres viaxes de exploración polo Océano Pacífico e describiu con grande precisión e fixo mapas de moitos lugares.

1ª viaxe (1768–1771): en1766 a Royal Society contratouno para viaxar ao Océano Pacífico co obxectivo de observar o tránsito de Venus co Sol. Zarpou en 1768 no buque HMB Endeabour, pasou o cabo de Fornos e explorou  Nova Celandia, Tasmania, Australia e Tahití. Nesta viaxe destacou o traballo botánico de Banks.

Foron os primeiros europeos en contactar cos aborixes australianos e en coñecer os canguros. Este nome significa, no idioma nativo “non te entendo” porque era a resposta que daban os nativos ás preguntas dos ingleses.

2ª viaxe (1772–1775): despois de ser ascendido a comandante foi encargado pola Royal Society para buscar a mítica “Terra Australis” cos navíos HMS Resolution e HMS Adventure. Rodearon a Terra a unha latitude sur moi alta cruzando o círculo polar antártico o 17 de xaneiro de 1773. Descubriu varios arquipélagos pero non chego á Antártida.

Terceira viaxe (1776–1779): cos buques HMS Resolution e HMS Discovery chegoua ás illas Hawai, exploroua e fixo mapas da costa oeste de América do Norte e tentou pasar o estreito de Bering. Volveu a Hawai onde morreu nunha pelexa cos nativos. 

Cook-m