Viaxe ao máis fondo do mar

O director de cine James Cameron baixa ao fondo da foxa das Marianas
5 Abril 2012
foxa Marianas

O 26 de marzo James Cameron conseguiu ser o terceiro home (o primeiro en solitario) en chegar ao lugar máis inhóspito e profundo da Terra, un abismo no fondo do mar a 10.898 m de profundidade, o Abismo Challenguer, situado na Foxa das Marianas, no océano Pacífico.

Cameron empregou un pequeno submariño monoplaza de 7 m que el mesmo deseñou co que colleu mostras e tomou imaxes en 3D de gran interese para a ciencia.

Anteriormente fíxérano, o 23 de xaneiro de 1960, o tenente da mariña americana Don Walsh e o oceanógrafo suízo Jacques Piccard, no submariño Trieste. Cameron é un experto mergullador e realizou na súa vida 72 inmersións, 12 delas para filmar o Titanic. “Sentinme como, se no espazo dun día, fose ao espacio e volvese” (James Cameron)

ALGÚNS DATOS:

-A foxa das Marianas é unha canle en forma de arco co punto máis profundo (Abismo Challenguer) que acada case 11 km. Está situada ao suroeste das illas Guam, no Pacífico. Debido á gran profundidade é totalmente ecuro e a temperatura da auga roza a conxelación.

-O submariño de Cameron chamado “Deep Shea Challenguer” incorpora un recolector de sedimentos e unha pistola que absorbe materiais para recoller mostras de seres vivos e outros materiais.

-Tardou 2 horas e 36 minutos en baixar e só 70 minutos en volver a subir. -O submariño contraeuse 7 cm debido á gran presión.

http://deepseachallenge.com/the-sub/