VI Mostra Tecnoloxía na Rúa

4 Xullo 2011
mostra tecnoloxía

Cuarenta alumnos e alumnas do noso centro participaron na VI Mostra de Proxectos de Tecnoloxía na rúa.

O evento foi o venres 10 de xuño na Praza do Toural, en Santiago.

Alí desenvolveron dous obradoiros: un de látex e outro co Gimp. Foi un traballo en grupo e resultou un éxito. No obradoiro de látex, axudados polo profesor Ricardo Paredes, crearon dedos e máns e completaron a estética dos mesmos (algúns daban medo e parecían de verdade).

No obradoiro de Gimp traballaron os alumnos de 2º ESO, construindo animados fondos para fotografías que fixeron a ledicia de nenos e maiores e nos que puideron introducir a cabeza, e os alumnos de Bacharelato das TICs que fixeron o traballo arduo e difícil do retoque fotográfico co computador. Finalmente, imprimeuse a fotografía retocada e foille entregada a cada persoa.

Ademáis, como xa é costume na mostra, os alumnos/as ensinaron e explicaron algúns dos seus proxectos. Entre eles, podemos citar: tiovivos, coches, disparo dun penalti nun campo de fútbol, telesillas, teleférico, etc.

A prensa fíxose eco do evento:

 http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/juegos-de-siempre-y-baile-pump-it-en-la-praza-do-toural/idEdicion-2011-06-10/idNoticia-677426/

  http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/inventos-alumnos-institutos-santiago-comarca/idEdicion-2011-06-11/idNoticia-677754/

  http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2011/06/11/0003_201106S11C4995.htm

 

See video
http://youtu.be/W-noVVU5W-U