Un verán revolto

5 Septembro 2011
néboa

Desde a primavera o tempo desde ano está resultando pouco “típico”. Despois duns meses de marzo, abril e maio, moi quentes e secos -a primavera máis seca en 60 anos, segundo os datos rexistrados- chegou un verán no que nou houbo unha soa semana de tempo estable.

O común foi que se sucederan días anubrados, chuvias febles, que achegaban pouca auga, pero amolaban o goce das praia e das actividades ao aire libre, e algún que outro día de calor ou de chuvia forte. A primavera tan anormalmente quente fixo que os froitos foran abundantes e maduraran con moita antelación.

Mentras tanto, no hemisferio sur sucedéronse vagas de frío extremas e imaxes de neve en lugares pouco habituais, como o deserto de Atacama, en Chile. En Sudamérica o frío ocasionou 22 mortes no mes de xullo (dez en Paraguai, seis en Uruguai, e tres en Arxentina e Brasil). Contan que tiveron que abrigar con mantas aos orangutáns do zoo de Río de Janeiro.

O 21 de agosto comezou a actuar con violencia o furacán Irene o primeiro furacán do Atlántico deste ano. Foi avanzando desde África cara ao noroeste impactando nas illas do Caribe chegando o día24 acategoría 3.  Máis tarde cambiou a dirección cara á costa NE dos Estados Unidos a onde chegou debilitado e convertido en tormenta tropical. Producíu 21 mortes, milleiros de desprazamentos e cuantiosos danos económicos