Por qué as veces saen os ollos vermellos nas fotos?

2 Maio 2013
ollos vermellos

Nalgunhas ocasión, nas fotografías, aparecemos cuns brillantes ollos vermellos. Este efecto so sucede cando a foto se fai con flash. Normalmente, cando utilizamos o flash é porque a luz dispoñible é escasa, por iso, as nosas pupilas se dilatan para deixar pasar máis luz e que a nosa visión sexa mellor.

O lóstrego do flash entra directo ata o fondo do ollo, chocando alí cos vasos sanguíneos que regan a retina, estos reflicten a luz que rebota e fan que pase de ser branca a vermella.Para que este fenómeno suceda a luz do flash debe ser frontal e a pouca distancia.

Soe darse máis habitualmente nos ollos claros, xa que os ollos escuros teñen máis pigmentos no fondo que permiten unha maior absorción da luz e atenúan o reflexo.

Un efecto semellante sucede cando fotografamos a un animal, so que neste caso, a variada cromática é maior, e podemos atopar que os seus ollos saen amarelos, azuis ou verdes (aínda que iso no sexa a súa cor orixinal), brancos, ou intensamente brilantes. Isto débese a que eles teñen, xusto detrás da retina, unha capa reflectora denominada tapetum lucidum, cuxo obxetivo é mellorar a visión nocturna e actúa como espello que reflicte os raios luminosos. A cor do tapetum varía en función do animal e da cor da súa pel.