Varios tornados baten na costa galega
11 Marzo 2013
Varios pequenos tornados azotaron o pasado día nove de marzo ás costas galegas. A zona estivo en alerta laranxa polos fortes ventos. En realidade eran trombas mariñas, un fenómeno que se produce no mar debido ao aire máis cálido e húmido e que cando toca terra deseguido se desfai.
O primeiro dos tornados afectou á península da Barbanza, causando numerosos destrozos ao seu paso. On de máis dano fixo foi en Ribeira onde o vento tumbou numerosas árbores, ademais doutros desperfectos no mercadiño e nos parques.
Tamén houbo trombas mariñas noutras zonas da provincia da Coruña, na Guarda e Oia.