Vaqueiros: moda mortal

5 Xullo 2011
vaqueiros

Os vaqueiros gastados son unha moda en todo o mundo desde hai anos, pero a técnica coa que se consegue ese efecto envellecido,  o “sandblasting”,  que consiste en aplicar un chorro de area directamente sobre a tela do pantalón para conseguir o efecto de desgaste, provocou  a morte de 46 traballadores e máis de 5.000 están afectados pola silicose, enfermidade provocada polo silice da area.

O método está prohibido en Europa, pero non en outros países, onde se fabrican a maioría das prendas que chegan ás tendas como Turquía, Bangladesh, China, A India… Acabase de crear  unha campaña ‘Ropa Limpia’ en 14 países de Europa, co obxectivo de presionar ás grandes marcas para que deixen de usar esta técnica e  para que indemnicen aos traballadores afectados.

 

Video