Valentín Paz Andrade
Este ano dedícaselle o Día das Letras Galegas a Valentín Paz Andrade, un galeguista que, ademais de escritor, poeta e xornalista foi xurista, economista, político e empresario.
Valentín Paz Andrade naceu en Lérez (Pontevedra) o 23 de abril do 1898 e morreu en Vigo o 19 de maio do 1987.
Era fillo de Francisco Paz Cochón ( concelleiro de Pontevedra) e Matilde Andrade Tojeiro. Comezou a interesarse pola cultura de Galicia a e a literatura grazas ao seu tío ( o poeta Xoán Bautista Andrade).
Estudou dereito en Santiago e traballou como xurista. Participou en algúns proxectos empresariais, como Pescanova e colaborou en numerosas revistas e periódicos.
sario. Foi nomeado membro da Real Academia Galega (1964) e da Real Academia Galega de Ciencias (1985). Traballou tamén como técnico da FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura) para a que publicou o primeiro tratado sobre Principios de economía pesquera (1954). Participou en diversos congresos e seminarios (foi o primeiro especialista español proposto por esta organización para misións internacionais).
Escribiu varios ensaios, nos que reflexaba a súa preocupación pola evolución de Galicia. Tamén escribiu varias obras como técnico especializado en temas pesqueiros, poesías e prosa en galego.
ALGUNHAS DAS SÚA OBRAS EN GALEGO:
Ensaio literario, histórico e económico
-A galecidade na obra de Guimarães Rosa (1978),
-Castelao na luz e na sombra (1982)
-Galiza lavra a sua imagen (1985)
Poesía
-Pranto Matricial l(1955)
-Canto do pobo disperso (1955, publicado en 2012)
-Sementeira do vento (1968)
-Cen chaves de sombra (1979)
-Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1986)
-Antoloxía (2012)
-Poesía completa (2012)