Valentín Paz Andrade

6 Xuño 2011
Paz Andrade

O 4 de Xuño, do2011, aReal Academia Galega, en asamblea decidiu que o homenaxeado o Día das Letras Galegas do 2012, sexa Valentín Paz-Andrade. Político, xurista e escritor galego.

Licenciado en Dereito pola Universidade de Compostela. O seu interese pola literatura comeza nesta época de estudos, grazas tamén a influenza de seu tío, o poeta Xoán Bautista Andrade, quen lle presentou a Castelao. Este persoeiro foi unha das principais influenzas en toda a obra de Paz-Andrade.

Tamén destaca polo seu activismo político, pertencendo á executiva do Partido Galeguista. Co comezo da Guerra Civil Española, e na súa posición de xurista, Paz-Andrade axudou a moitos dos seus, a fuxir do Estado, ou incluso actuou na defensa legal de moitos deles.

No 1942 destaca a creación da revista Industrias Pesqueras, da cal era o director. Ademais podemos sumarlle parte da fundación da Empresa Pescanova.  A todo isto, engadímoslle unha extensa obra de libros arredor da temática do mar e da industria pesqueira de Galiza, con títulos como Sistema económico de la pesca en Galicia (1958), Los derechos sobre el espacio marítimo (1960) ou El concepto de zona económica en el nuevo derecho del mar (1972).

Paz Andrade-buque

Buque "Valentín Paz Andrade"

En canto á poesía, podemos falar que Andrade plasmaba en cada verso parte da nosa Patria. Con Pranto Matriarcal evoca dun xeito lastimoso a morte de Castelao e en Sementeira do Vento, canta á paisaxe e ás xentes galegas, dun xeito minucioso e detallado.

Animo a ler a obra deste autor, aínda que non moi coñecido si cunha excelencia propia á hora de escribir, e un impecábel uso do verso.