De vacacións no espazo
Co grande avance da ciencia a nivel espacial, son moitas as persoas que buscan emocións fortes e imaxes incribles fora da nosa atmosfera.
Para poder satisfacer esta demanda, son xa varias empresas as que están facendo todo o posible por desenvolver aeronaves capacitadas para viaxar no espazo.
Un exemplo deste proxecto é o realizado pola “Copenhagen Suborbitals”, unha firma danesa que lanzou hai un ano un foguete experimental para probar se é posible realizar viaxes ó espazo a baixo custo nun vehículo monopraza. O lanzamento realizouse dende unha plataforma flotante ó este da illa báltica danesa de Bornholm. No interior do cohete ía un boneco parecido ós utilizados nas probas de seguridade automobilística. Este boneco tiña que subir ata unha altura de máximo30 Kme, se non explotaba, descender en paracaídas.
Outros países como China ou Rusia están deseñando unha tecnoloxía capacitada para realizar viaxes con dirección á Lúa. Este tipo de viaxes realizaríase cunha duración de dez días na lúa, pero o prezo ascende a cantidades desorbitadas (uns 100 millóns de dólares). China tamén plantexa a posibilidade de levar a cabo actividades fora das naves espaciais, para desenvolver estacións espaciais onde os pasaxeiros poidan gozar completamente da súa estancia na Lúa.