USB de ADN

1 Febreiro 2013
ADN

Semella que cada día hai menos diferenzas entre ser vivo e tecnoloxía. O mundo científico sorprendeuse ante a noticia de que o ADN será o futuro dos discos duros dos ordenadores. Isto é o que nos afirman un grupo de investigadores do campo da Bioinformática: “as moléculas de ADN poden almacenar enormes cantidades de información; case 800.000 bytes nunha molécula de ADN”. E neste caso o ser humano o único que fixo foi copiar á natureza que hai millóns de anos creou a molécula do ADN, precisamente para gardar información nela; información sobre como é cada ser vivo que existiu no noso planeta desde a súa orixe.

Nun espazo máis pequeno ca unha taciña de café podería almacenarse máis de 100 millóns de horas de vídeo. O ADN é fácil de almacenar e transportar e semella que se transformará no sistema de almacenamento informático do futuro. O seu código de información é perfecto para a tarefa que os científicos lle queren encomendar.

ADN estrutura