Unha viaxe ao descoñecido

Primeiras investigacións coas drogas
1 Novembro 2011
Dogas

No campo das ciencias da saúde, un dos seus grandes obxectivos é o estudo profundo de determinadas drogas e os efectos destas no corpo humano.

Hoxe en día contamos con moita  información sobre as drogas, pero na antiguidade,  a información era moi escasa xa que non se contaban cos medios necesarios para realizar as investigación pertinentes,  por iso, moitos científicos arriscaban as súas vidas facendo eles mesmos de “coelliños de indias” para intentar buscarlle a esa droga una finalidade para a cura de diferentes enfermidades.

Por poñer un exemplo, hai aproximadamente uns 68 anos, un quimico suízo chamado Albert Hofmann, inxeriu unha droga chamada LSD-25, milleiros de veces, posto que existía unha posibilidade de que esta funcionase como estimulante da respiración e da circulación.

Esta substancia é coñecida polos seus efectos psicolóxicos entre os que se incluen alucinacións cos ollos abertos e pechados, sinestesia, percepción distorsionada do tempo… Moitos psiquiatras, arredor dos anos 50 e 60, viron nela un axente terapéutico moi prometedor, pero sen embargo o uso extramedicinal do fármaco ocasionou unha tormenta política que levou á esta substancia a súa prohibición.

Na actualidade, a droga aínda desperta un grande interese entre os químicos, que continúan examinando os seus usos terapéuticos.