Unha ventá cara ao noso pasado

Xoias prehistóricas de Eirós
4 Abril 2012
cova Eirós

En Triacastela (Lugo) está a cova de Eirós;  xacemento arqueolóxico galego único.

A superficie galega está constituída por un 95,5 % de chans demasiado ácidos para conservar fósiles pero dita cova é unha excepción xa que conta con sedimentos calcarios que conservan ósos e ferramentas perfectamente. Nesta gruta de 104 metrosde fondo atopáronse evidencias de que foi habitada polo Homo neanderthalensis e o Homo sapiens.

O Homo neanderthalensis chegou a dita cova hai 118.000 anos ( Paleolítico Medio). Os máis de 7.000 fósiles atopados na escavación que vai polos 1,20 metros permítenos reconstruír a vida destes nosos parentes na zona. Cando o neandertal chegou a Eirós había un inmenso piñeiral e a temperatura era algo máis fría ca a actual. Estes probablemente acudían ao río Oribio na procura de pedras de cuarzo e cuarcita para facer ferramentas. A súa dieta era a base de froitos, vexetais e tubérculos. Cubríanse con coiros obtidos da fauna local como os do rinoceronte lanudo , rebezos e osos das cavernas. Estes eran quen de acadar os 40 anos de idade. O Homo sapiens chegou a dito lugar hai uns 32.000 anos ( Paleolítico Superior) e utilizou o refuxio de forma semellante aos seus parentes.

Este verán os arqueólogos do Institut Catalá de Paleoecología Humana e Evolució Social responsables do proxecto volverán a Triacastela a escaravellar máis na pescuda sobre o noso pasado.