Unha nova paisaxe cun só ‘click’

3 Xaneiro 2011
Stellarium

O Stellarium é un programa gratuito polo cal podemos contemplar o ceo nocturno e espacial. Grazas a el podemos observar as estrelas e os planetas dun modo sinxelo e sen complicacións diferenciando os tipos de estrelas e as distintas constelacións que forman e todas as nebulosas descubertas, e non só iso, tamén podemos ver as formas co as que as vían os gregos con só clicar nun botón.

Co Stellarium pedemos ver o ceo a calquera hora do día, calquera día da semana e en calquera mes do ano, ou en calquera punto do planeta ou doutros, dende Pekín ata Cambados pasando polos cinco continentes, ou incluso un universo visto dende Mercurio, Marte, a Lúa, Saturno, Xúpiter…, ou calquera outro lugar imaxinable. Con el podemos obsevar todo o que ocorre no Universo, como ocorre e cando ocorre, dende as primeiras horas da mañá ata altas horas da noite.

É un programa fascinante e realista para a xente afeccionada á astroloxía ou simplemente a contemplar o ceo pola noite, coñecendo os puntos cardinais do espazo. Con este programa fácilmente actualizable  somos capaces de ver o que queiramos, e así podemos atopar un mundo novo, descoñecido e fermoso para os nosos ollos, que a vez está tan preto e é tan facil de ver, como a vez está tan lonxe.

A descarga da versión en español deste programa pode facerse de forma gratuita desde a páxina http://www.stellarium.org/es/.

Stellarium-4