Unha nova especie de cangrexo en Galicia

6 Septembro 2012
cangrexo

Acábase de publicar recentemente na revista “Zootaxa” o descubrimento dunha nova especie de cangrexo durante as expedicións de investigación INDEMARES que estudan o Banco de Galicia.

Chámase Uroptychus cartesi e vive nas montañas submarinas entre corais e gorgonias a máis de mil m de profundidade. Mide pouco menos de 7 cm, incluíndo as patas e presenta unha característica particular: a pesar da súa localización fronte ás costas galegas, é  semellante a un cangrexo do Caribe. Pon só 3 ou 4 ovos, a diferencia de outros crustáceos que poñen centos ou miles de ovos. As súas larvas están moi desenvolvidas polo que teñen moita mobilidade.

Un equipo de científicos capturou seis exemplares deste cangrexo a 1.110 m de profundidade e están actualmente depositados no Instituto de Ciencias do Mar en Barcelona e no Museo Nacional de Historia Natural de París.