Unha nova erupción volcánica en Islandia

6 Xuño 2011
Islandia volcán

Hai un ano a erupción do volcán Eyjafallajoekull foi noticia por provocar o peche do espazo aéreo europeo durante seis días con 10 millóns de pasaxeiros retidos. De novo, no pasado maio outro volcán islandés, o Grismsvotn, obriga a suspender numerosos voos en Europa, sobre todo no Reino Unido e Alemania.

As erupcións do Grismsvotn comezaron o sábado 21 de maio e remataron o 26. Lanzou máis de 120 millóns de toneladas de cinzas nas primeiras 48 horas e  acadaron os12.000 mde altura. Ao derreterse o xeo provocou inundacións de lava. As erupcións foron acompañadas de varios terremotos.

O Grismsvotn é un sistema volcánico lacustre duns 100 kmde lonxitude e 15 kmde ancho cunha altitude media de 1.725 m. Está totalmente cuberto polo xeo do glaciar Vatnajökull. A caldeira, situada debaixo do xeo, é a máis grande de Islandia, con 35 km2.

O volcán está situado no sur na illa, nunha zona deshabitada, polo que non houbo víctimas. As anteriores erupcións foron en 1993, 1998, 1996 e 2004.

Unha curiosidade: a erupción fixo adiantar ou suspender algúns voos do Futbol Clube Barcelona e os seus miles de afeizoados para participar na final da Copa de Europa en Inglaterra.