Unha nova agresión a un espazo protexido

Vertido de gasóleo no Polígono Industrial de Begonte
4 Febreiro 2011
Begonte-v

O pasado domingo, 6 de febreiro produciuse un vertido de máis de11.000 litrosde gasóleo ao romper unha válvula nunha das tuberías da planta de Biocarburantes de Galicia que transforma aceites domésticos usados en biodiésel.

O vertido tivo lugar no polígono industrial de Begonte, nas proximidades do río Ladra, un afluente do Miño que está protexido dentro do LIC “Parga, Ladra Támoga” e puxo en alarma aos usuarios das redes de abastecementos de auga de Outeiro de Rei, Rábade e Lugo que se abastecen de auga do río Miño.

Foi contido con barreiras nunha área inundable situada entre o polígono de Begonte e o río Ladra onde se recolleron máis de45.000 litrosde auga mesturada con gasóleo. Ademáis colocáronse no río Ladra filtros especiais formados por barreiras de pedras de distintos tamaños que deixan pasar a auga e non os hidrocarburos. Despois de varios días está restablecido o subministro de auga ás cidades afectadas.

Esta é unha máis das noticias que constantemente estamos a ver nos medios de comunicación que de novo pon en evidencia o pouco protexidos que están os espazos protexidos, así como a saúde das persoas, en especial o que atañe á auga e o aire. 

río Ladra

Río Ladra