Unha familia con marcha

4 Xullo 2011
rabirrubio1

Nestes días, mentres damos clase de educación física, podemos contemplar a unha femia de rabirrubio ou borrallenta das casas que alimenta ás súas cinco crías nun niño que fixo enriba dun altofalante do ximnasio.

A nai entra e sae constantemente con miñocas no peteiro e leva as “caquitas” para que as crías teñan o niño limpo e pasen unha estancia agradable.

O rabirrubio (Phoenicurus ochruros) é un pequeno paxaro moi común en toda Galicia. É de cor gris escura a negra (as femias máis craras) co rabo de cor laranxa nos machos. Fai os niños en lugares altos e adáptase ben a vivir entre a xente. Pon de4 a 6 ovos desde finais de marzo ata xullo e alimenta ás súas crías especialmente con miñocas que a nai lles mete no peteiro.

rabirrubio