Unha "Excursión-traballo"

Percorrido por Bascuas e Major
4 Abril 2012
Bascuas2

Collemos o autobús ás 9:30 da mañán na entrada do instituto. As dúas clases de 2º B e C, entramos no bus e sentámonos cada un nun sitio cun compañeiro ou compañeira co que estaremos xuntos todo o rato atendendo, comendo, explorando, divertíndonos, sacando fotos…

Ao baixar do autobús démonos conta de que o terreo era rochoso e non de area, pero ao irnos achegando á praia xa comezaba a haber area, en gran parte húmida por estar baixa a marea.

A guía, díxonos que hai moitos anos a praia estaba moito máis ao fondo.

Despois sacamos unhas fotos sobre o choque de placas que ocasionou que as pedras se curvaran con capas superpostas unhas enriba doutras.

O que máis lle chamou a atención a Lupo foron as covas que se formaron a partir da erosión do mar, e o que máis lle impresionou a Samuel foron aquelas rochas sen osíxeno, a cor gris e como parecía area pegada. Pero o que máis nos gustou ao dous foi estar dentro de aquel sitio (no me acordo onde nos metimos) que se estaba moi fresquiño, pero non era fácil baixar.

A planta que máis nos gustou foi a chamada “cebola da gaivota”.

En resume: a nos encantounos dar clase deste modo, supoño que sería polo  fácil que foi estudar o tema ou porque perdíamos outras clases. Pensamos que a todo 2º lle encantou o día, en fin, pasámolo moi ben!