Unha balea varada en Muros

5 Novembro 2013
balea

O pasado domingo apareceu unha balea de case vinte metros aboiando nas proximidades de Monte Louro, en Muros.

Acabou varando nunha remota costa de difícil acceso na costa de Muros. Foi arrastrada polo forte temporal que golpeou as costas galegas, levando así ao animal.  Os veciños da localidade buscan desesperadamente formas de desfacerse do cadáver do animal que chama a atención dende os adultos ata os mais pequenos. Propuxéronse varias opcións  e posibilidades de levar a balea nun camión pero descartouse a opción debido o gran peso do animal.

Parece ser que tentarán arrastrala cara ao mar para levala a un lugar de máis doado acceso.