A túa placenta púidoche cambiar a vida
A bolsa na que todos e cada un de nós pasamos arredor de nove meses antes de nacer apenas é coñecida para a ciencia, xa que cando unha nai da a luz, a placenta desbótase. Respecto a este órgano, hai que mencionar que os factores de risco de enfermidades non transmisibles poden ser contraídas xa na concepción. Incluso antes de que os pais tiveran pensado ter fillos, os seus hábitos poderían afectar á futura descendencia.
Debido a esta situación, científicos dos Institutos Nacionais da Saúde dos EEUU conseguiron que o Estado destine 41.5 millóns de dólares ao Proxecto Placenta Humana. Esta financiación empregarase para desenvolver tecnoloxías de monitorización da placenta en tempo real e test de detección de ADN fetal en sangue materno.
Este proxecto inclúe ademais a participación dun especialista en bioloxía placentaria e a de un obstetra para asegurar que as novas tecnoloxías se poidan utilizar na práctica clínica.
Neste pronto desenvolvemento anticipado, a placenta desempeña un papel importante. Non é tan estéril como se cría, se non que existen arredor de 300 tipos de bacterias, virus e fungos que son diferentes aos da vaxina, os intestinos, a boca e outros nichos bacterianos da nai. Os resultados preliminares indicaban que os bebés poderían adquirir boa parte da flora bacteriana da placenta e un conxunto mal preparado no ambiente intrauterino podería contribuír a que o feto naza prematuramente.
O peso do bebé foi unha das medidas máis usadas para quitar conclusións sobre a vida intrauterina. Existe unha relación entre a vida prenatal e as futuras patoloxías, de feito as persoas que nacen con baixo peso teñen máis predisposición a desenvolver enfermidades coronarias na súa vida adulta, o que non significa que as vaian ter.
Ata agora, para coñecer mellor a placenta humana empregáronse técnicas de ultrasons e de imaxe por resonancia magnética, que ofrecen aos médicos unha visión restrinxida e moitas veces demasiado pobre como para identificar problemas de saúde nos que realmente se poida intervir.
Algúns científicos chegan a pensar que a placenta é o entorno ideal para intervir a nivel médico con novos fármacos, é a zona cero para dar forma á saúde da descendencia, se se pode intervir na placenta, quizais non faga falla intervir no neno.