Un tsunami e un terremoto desvastan as costas do Xapón
Foi o terremoto máis intenso en 140 anos en Xapón (cunha magnitude de 9 da escala de Ritcher) e o séptimo máis potente de toda a historia. O epicentro localizouse a130 kmmar adentro e a10 kmde profundidade. Foi provocado polo choque entre a placa do pacífico e a de Ojotsk. Tivo varias réplicas fortes durante os seguintes días.
Deu lugar a un tsunami que afectou con maior intensidade ás costas do leste de Xapón e que se propagou por todo o Pacífico. A alerta de tsunami obrigou e evacuar a 45.00 persoas en Filipinas e varias poboación en Chile, Perú ou California. Un barco con 100 tripulantes foi barrido pola onda xigante.
Unha gran parte do Xapón quedou destruída e durante varios días sucedíanse as novas das consecuencias desvastadoras do tremor: casas, aeroportos, peiraos, autopistas... destruídas, cortes de enerxía eléctrica, incendios e, sobre todo, os danos nas centrais nucleares de Fukushima I e II que produciron explosións e fugas radioactivas que manteñen en alerta a unha parte da poboación.
O balance de mortos é de 9.523, 17.000 desaparecidos e case medio millón de persoas desprazados e sen vivenda.