Como xa informábamos na anterior edición de "
A Buxaina" sobre o Congreso Internacional Virtual de Estudantes do proxecto OCEÁNTICA, presentáronse numerosos traballos elaborados por alumnos do IES Francisco Asorey, que se someteron a unha dobre valoración, por parte do voto popular a través de facebook e por un xurado da organización. Tras este escrutinio tres traballos do noso centro resultaron cualificados entre os primeiros. Estes foron os elaborados por Iria Gondar Santorum e Cristina Porto Rivas que fixeron unbha reportaxe denominado "Cultivo de mexillón na Ría de Arousa" no que describían as distintas implicacións desta actividade, os alumnos de 1º ESO C que recolleron información de rica mitoloxía galega arredor do mar nunha presentación chamada "Un mar de lendas", e Jessica Calo Rodríguez, que fixo unha reportaxe que tivo como protagonistas ás mariscadoras de Cambados.
O premio aos galardoados consiste na estancia nun Campus Medioambiental que terá lugar en Ribadeo durante a última semana de agosto, agás no caso dos alumnos de 1º ESO C, que o tratarse dun traballo colectivo non optaban a esta premio.
A continuación podedes visualizar estes traballos.
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=PiW4lnmHR6E
[slideshare id=22217881&doc=unmardelendas-130530174521-phpapp02]
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=-7UddBSObfI