Treme o Salnés

No último mes rexistráronse moitos sismos en Galicia, o maior de 3,1 na escala Richter
7 Xaneiro 2014
Epicentro sismo

O domingo 9 de decembro no Salnés ocorreu un fenómeno ao que non estamos acostumados, un terremoto.

Os rexistros indican que o terremoto tivo unha magnitude de 3 na escala Ritcher. Este sismo produciuse ás 19:57 horas para ser exactos.O epicentro sitúouse en A Lagoa, en Campo Lameiro,  a 24 kilómetros de profundidade.

O movemento de terra fíxose sentir en pobos como Vilagarcía, Pontevedra, Marín, na zona de O Barbanza e incluso en Santiago de Compostela. Os residentes na A Illa de Arousa e en O Grove tamén notaron o terremoto.

Os sismos de maior magnitude en Galicia en este século non superaron os 4 graos. En 2013, situáronse entre os 2,7 graos e os 3,5. Os tremores de escala 2 non producen danos nin efectos, son débiles. Os terremotos de grao 3 tamén son débiles pero neste caso obxectos que están colgados poden moverse e as persoas podemos notar ese lixeiro movemento.

Mapa fallas sísmicas Galicia

Aínda que este fenómeno non é a primeria vez que acontece en Galicia. Rexistráronse 80 sismos por enriba dos 2 graos na escala de Ritcher dende o ano 2000. A pesar do incremento da actividade sísmica, un portavoz do Instituto Xeográfico Nacional comunicou que «non observamos nada anormal en Galicia. É algo habitual. En estas zonas, os terremotos ocorreron ao longo dos anos en pequenas magnitudes».

Para ter máis información sobre as actividades sísmicas en España e Galicia entra no Instituto Xeográfico Nacional.