Tití pigmeo. O mono máis pequeno do mundo.

27 Marzo 2013
tití pigmeo

O tití pigmeo (enano, chichico, mono peto ou de pel vermella (Cebuella pygmaea) é a especie de mono máis pequena. É un mono moi simpática e de bo carácter.

Vive nas terras baixas tropicais dos bosques da Amazonia occidental (América do Sur) en territorios de Colombia, Ecuador, Perú, Bolivia e Brasil.

Pode medir de 14 a 18 cm de lonxitude e acadar os 119 g. Ten unha cola máis longa que o corpo. A pelaxe é fina, suave e densa de cor variable de gris a castaña con algúns tonos amarelos e negros e coa parte inferior alaranxada. O pelo longo forma unha melena que rodea a cara e oculta as orellas. As patas traseiras son máis longas que as dianteiras e rematan en garras en tódos os dedos agás no gordo do pé.

Come de todo: savia de plantas, froitos, insectos, pequenos réptiles...

Viven en pequenos grupos, de 3 a 8 individuos. Son de hábitos diurnos e durmen nas árbores. Forman grupos poliándricos. A xestación dura de 130 a 150 días e paren un promedio de dúas crías que son coidadas por todos os membros adultos do grupo.

Acadan a madurez arredor de ao ano e medio e poden vivir 11 anos en estado silvestre.

É unha especie en perigo debido á destrucción dos bosques e á súa captura ilegal para vender como mascota.