Ti tamén es culpable do cambio climático

6 Decembro 2014

 

Futuro do planeta

O último informe presentado polo Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC), indica que o fenómeno do cambio climático está influído de maneira determinante  pola acción dos humanos.

«As emisións de gases de efecto invernadoiro e outros impulsores antropóxenos son a causa dominante do quentamento observado dende mediados do século XX”, asegura o prestixioso organismo que tomou a palabra en Copenaghe.

Os autores do informe sinalan con rotundidade:

“ […] a atmósfera e o océano quentáronse, os volúmenes de neve e xeo disminuíron, o nivel do mar elevouse e as concentracións de dióxido de carbono aumentaron até niveis sen precedentes dende fai, polo menos, 800 000 anos”.

As 116 páxinas que engrosan o informe son o resultado de seis anos de investigación por parte de 830 científicos, e é literatura de referencia  ao tema do cambio climático.

Os científicos  propoñen un modelo de economía baseado na redución de emisións de carbono e chaman a responsabilidade dos políticos e principais autoridades mundiais. Ben é certo, como eles mesmos sinalan, que estas medidas de mitigación de emisión de gases conlevarían unha compensación económica, pero consideran que a longo prazo este esforzo pagaría a pena.

“En comparación cos inminentes impactos irreversible do cambio climático, os riscos da mitigación son razoables”, aduce Youba Sokono, un dos homes fortes do IPCC.

Os pronósticos do organismo son optimistas e afirman que cunha estratexia de mitigación de emisión de gases ambiciosa, que permitira limitar o quentamento a 2ºC, os índices de crecemento económico apenas se verían afectados. Se non se fixese nada, o indicador de crecemento económico mundial ao longo do século XXI variaría entre o  1,6 e o 3%, mentres que levando a cabo unha mitigación ambiciosa, estas cifras só se reducirían  0,06 puntos porcentuais.

“Para ter boas posibilidades de permanecer por debaixo dos 2ºC a costos razoables, deberíamos reducir as emisións entre un 40 e un 70% a nivel mundial entre 2010 e 2050, e desminuílas até un nivel nulo ou negativo en 2100. Temos a oportunidade, a elección está nas nosas mans”, conclúe Youba Sokono.

 

See video