Terremoto en Lorca

6 Xuño 2011
terremoto Lorca1

A cidade de Lorca rexistrou o peor terremoto dos últimos 50 anos en España.

O pasado 11 de maio producíronse varios tremores de terra na zona de Lorca (Murcia). Os máis intensos, de magnitude 4,4 e 5  tiveron lugar entre a cinco e as sete da tarde. Logo houbo réplicas de menor intensidade. Morreron 10 persoas e moitas resultaron feridas, dous edificios desplomáronse, numerosas vivendas e infraestruturas resultaron danadas e os veciños pasaron a noite na rúa. Segundo os técnicos hai danos importantes nun 10% dos edificios.

Murcia está situada na zona con maior actividade sísmica de España. En agosto de 2002 houbo outro terremoto de 4,5 graos de intensidade e en 1999 un de 5,2 graos. 

terremoto Lorca