Tendencias prexudiciais
Entre os máis xoves de hoxe en día, a tendencia á vespertinidade é algo moi común: levántanse e déitanse cada vez máis tarde.
O reloxo biolóxico é o causante destes cambios. O desaxuste entre os horarios escolares matutinos e a vespertinidade de moitos adolescentes pode afectar prexudicialmente ao rendemento escolar.
En canto á realización das tarefas, todos temos a preferencia de facelas pola mañá ou pola tarde. O reloxo biolóxico pódese axustar ou retrasar en relación a outro reloxo case infatigable, o físico, e a outro reloxo máis social, aquel que nos pretende impoñer os horarios. Dous exemplos para esclarecer os dous extremos desta tendencia: sona o espertador ás 7:15 e Clara xa está esperta. Ten todo o material escolar preparado enriba da mesa do escritorio. Prepárase con calma e ten tempo suficiente para chegar ao seu colexio sen contratempo ningún; a Andrea sóalle o espertador ás 7:45 pero cóstalle erguerse. A súa nai intenta espertala e advírtea de que vai chegar tarde ao instituto. E unha vez máis non lle dá tempo a preparar todo como é debido.
A maioría da poboación non ten unha tendencia tan marcada como as dúas rapazas anteriores. Coa idade, ditas preferencias cambian: os nenos teñen unha tendencia máis matutina e os adolescentes, a partir dos 12 anos, máis vespertina. Este retraso do reloxo biolóxico respecto do físico e social é debido, na maioría dos casos, aos cambios hormonais.
Moitas investigacións afirman que os nenos vespertinos non teñen un tan bo rendemento académico. Esta asicronía, semellante ao que se recorda tras dos voos transoceánicos, denominouse jet-lag social. Pero este jet-lag social é permanente, a diferenza do jet-lag viaxeiro, que é diario. As consecuencia desta «non-sincronía» son a somnolencia a primeiras horas da mañá e un mellor rendemento físico e psicolóxico ás últimas horas da tarde.