Ten algunha vantaxe ser roibo?

7 Marzo 2013
roiba

Ata o momento considerábase que a coloración vermella do pelo ou das plumas era demasiado “custosa” para os vertebrados dende un punto de vista biolóxico.

E todo porque a feomelanina, o pigmento responsable do pelo avermellado e de pecas nos humanos, así como das cores alaranxadas que locen outros animais, aumenta o risco de padecer cancro de pel ou melanoma cando está presente en grandes cantidades, é máis, para fabricar o pigmento gástase parte das reservas de glutatión, que é un oxidante beneficioso. Polo tanto, por qué hay persoas de pelo avermellado?
Un estudio que publican científicos franceses na revista Physiological and Biochemical Zoology parece identificar que a feomelanina dos roibos tamén ten vantaxes.
Estudiando aves de Europa e América con plumas vermellas e alaranxadas, os investigadores descubriron que a supervivencia destas aumentan cando se produce certa cantidade do pigmento carmín porque “secuestra” unha substancia tóxica.
Trátase da cisteína, un aminoácido inxerido a través da dieta que pode ser prexudicial  a partir de certa cantidade.