A que temperatura se conxela a auga?

3 Febreiro 2012
xeo1

Un equipo de químicos da Universidade de Utah (EEUU) acaba de demostrar que a auga non se conxela totalmente ata que acada os -13ºC, e non a 0ºC como adoitamos pensar.

É a esa temperatura extremadamente baixa cando a auga non só se arrefría senón que definitivamente a súa estrutura molecular cambia e adquire formas tetraédricas, nas que cada molécula de auga se une a outras catro, formando o que coñecemos como xeo. Non obstante, mesmo a estas temperaturas poden quedar restos de auga líquida entre a auga sólida, aínda que dura tan pouco tempo que resulta case imposible de detectar ou medir.
Á marxe do interese da investigación dende o punto de vista da física, os autores do estudo, aseguran que para as predicións sobre o cambio climático pode ser realmente útil coñecer "a que temperatura exacta se arrefría a auga e cristaliza en forma de xeo".