Tecnoloxía na rúa

Moi boa acollida dos traballos do alumnado do IES Francisco Asorey Susana
5 Xuño 2012
tecnoloxía na rúa

O venres 1 de xuño celebrouse a VII Mostra de Proxectos “Tecnoloxía na rúa”, organizado po APETEGA (Asociación de Profesores de Tecnoloxía de Galicia)

A participación do alumnado do noso centro foi moi activa e os seus traballos tiveron un gran nivel e moi boa acollida.

Algúns foron entrevistados para o programa EFERVESCIENCIA de Radio Galega por Manuel Vicente.

Na seguinte presentación vai unha mostra dos traballos presentados.