Un tataravó moi singular

2 Marzo 2012
A sediba

O l5 de agosto de 2008, o paleoantropólogo Lee Berger realizou unha exploración nunha cova sudafricana (cova Malapa). Nela atopou os restos de un homínido moi singular; o seu nome é Australopithecus sediba, e podería axudar a resolver o complexísimo puzzle da nosa evolución.

Tras un estudio comparativo dos restos deste novo parente que viviu en Sudáfrica hai case 2 millóns de anos, sitúano nun escalón intermedio entre  os homínidos máis primitivos e os primeiros humanos.

Coma características máis primitivas os expertos destacan a pequena capacidade cerebral 430 cm3, tan só 40 cm3 máis grande ca un chimpancé, e presenta brazos e ombros con grandes similitudes aos dos simios; isto indica unha boa adaptación para moverse polas árbores. Pero os Sediba tamén desenvolveron características claramente modernas. Posúen unha man cun pulgar longo e dedos restantes curtos, o que suxire unha gran capacidade de agarre, e tamén podemos observar algúns detalles na pelve, que parece estar adaptada á marcha sobre dúas pernas.

O equipo de Berger suxire que el puido ser o antepasado do Homo erectus, e se están no certo este descubrimento tería unha importancia clave na evolución humana.