A tartaruga de orellas vermellas

7 Abril 2011
tartaruga

Este mes no estanque do instituto empézanse a ver as tartarugas que saen do seu letargo invernal.

A tartaruga de orellas vermellas ou galápago de Florida (Trachemys scripta elegans) é unha especie que se cría en catividade en moitas casas e estanques.

A vida destas tartarugas non transcorre enteiramente na auga, senón que levan una existencia realmente anfibia. Pasan moitas horas tomando o sol nas beiras ou subidas a calquera toro ou masa de vexetación que aboie. Conseguen o alimento en calquera dos dous sitios, pero maioritariamente na auga. Presentan dimorfismo sexual. O macho é de menor tamaño que a femia e ten unhas potentes unllas nas súas patas dianteiras. Ademais o rabo é de maior tamaño e máis groso, e ten a abertura da cloaca máis alonxada do corpo. A cuncha do macho é máis afundida no ventre. Estas diferenzas aprécianse a partir do segundo ou terceiro ano de vida.

A súa alimentación é moi variada: peixe, carnes vermellas, miñocas de terra, caracois acuáticos e terrestres, pequenas lesmas, insectos, pequenos crustáceos, follas de leituga, algo de froita e principalmente alimento seco para tartarugas. As tartarugas xoves han de comer polo menos una vez ao día. Mentres que as adultas se te esqueces de darlles de comer durante un día non lle pasa nada.

O hábitat das tartarugas e os seus coidados:

-Os exemplares xoves de tartarugas acuáticas, poden manterse nun acuario cun nivel de auga entre 15 e20 cm. Deberán colocarse obxectos que sobresaian da auga para que as tartarugas poidan subirse. Para a maioría de estas especies, a temperatura ideal é duns25ºC. O acuario nunca debe estar pechado por completo porque as tartarugas son moito mais sensibles ás temperaturas altas que  ás baixas.

-As tartarugas lixan a auga bastante máis que os peixes, e os restos de comida tenden a descompoñerse con rapidez po lo que calquera sistema de filtraxe e inútil. A solución e cambiar semanalmente a auga e no verán cada 3 ou 4 días.

-A auga a empregar debe ser da billa pero declorada.

-As tartarugas poden chegar a convivir con algúns peixes.

-Enfermidades: a maioría das enfermidades das tartarugas débense a deficiencias ambientais (temperatura incorrecta, auga suxa, etc) ou nutricionais (alimentación pouco variada, falla de vitaminas e calcio). Á  hora de adquirir unha tartaruga deberemos observar detidamente o seu estado e as condicións do acuario (o seu olor daranos unha idea do estado de salubridade) para evitar a priori os posibles problemas.

Un dato importante: unha tartaruga de orellas vermellas pode chegar a vivir máis de 30 anos. Está considerada como unha das cen especies invasoras máis prexudiciais do mundo debido a que moitas persoas, cando se cansan delas, libéranas na natureza.